Proxecto ABALAR (Consellería de Educación)

Implantación do sistema

Un servizo específico que desenvolvemos neste momento é o relacionado coa implantación do sistema ABALAR (escola 2.0), que implantou a Consellería de Educación en Galicia.

Concretamente os servizos que prestamos (que solicita a Consellería de Educación) para crear este novo sistema son:


Instalacións e cableados:

  • Cableado e canalizacións eléctricas e informáticas desde os servidores ás aulas.
  • Instalacións dos puntos de acceso WIFI nas aulas.
  • Instalación e configuración dos armarios de carga dos ultraportátiles.
  • Instalacións das pizarras dixitais e de todos os cableados necesarios para o seu funcionamento.
  • Instalacións dos armarios Rack dos servidores, e proteccións de sobretensiones.

 

Rede WIFI:

  • Creación dunha rede WIFI para a conexión dos portátiles.
  • Configuración da rede WIFI e seguridade da mesma.Configuración dos filtrados de contidos da navegación web, co software adecuado e un servidor LINUX. (Pornografía, espías, contidos prohibidos, P2P, Etc).

 

Servidores:

  • Instalación do servidor que indica a Consellería baseado en Linux, con servidor Web integrado e as aplicacións de conexión que facilitan.
  • Instalación das aplicacións de código aberto que recomenda a Consellería (Wordpress, joomla, Moodle).
  • Instalación do servidor Linux encargado do filtrado de contidos de navegación Web

 

Ultraportátiles e portátiles dos profesores:

  • Instalación do sistema, que fornece a Consellería e conexión á rede wifi e ao servidor Linux.
  • Instalación e configuración dos portátiles dos profesores e configuración da pizarra dixital asociada.

 

Servizos de mantemento:

  • Mantemento de todas as infraestruturas, servidores e equipos que forman o programa ABALAR.

 

Ademais de todos os servizos asociados  ao programa ABALAR, realizamos servizos de instalacións e mantemento de calquera infraestrutura informática xa existente no Centro Educativo.

 

Webdesign service by Sarkis. Outsourcing by FreelanceWebmarket.